A INCOMPETENCIA

PERMÍTOME O LUXO DE PUBLICAR O MEU PRIMEIRO ARTIGO EN GALEGO NO MEU BLOG DADO QUE PENSO QUE O MEU NIVEL PERMÍTEME TAL COSA…

Agora que aprendín un pouco a falar e escribir galego, agora que as palabras que vou xuntando déixanme construír frases con senso, agora é cando vou falar da incompetencia dalgúns profesionais. Gustaríame moitísimo que este artigo fora publicado nalgún xornal. Idea surrealista por outra banda, non creo que ninguén que lese isto quixera botar pedras contra o seu propio tellado.

Aínda así creo que correspóndeme facer esta reflexión por tres motivos. O primeiro é quedarme a gusto e dicir cousas que tiña que haber dito á cara dalgún que outro jilipollas (no meu dicionario esta palabra escríbese con ‘j’ e esta é a ditadura das miñas palabras) pero no seu momento non o fixen motivada pola educación que me deron os meus pais. Eles dixéronme unha vez fai moito tempo que sendo educado chégase máis lonxe. Non sei ata que punto con este xeito de persoas a educación funciona correctamente. O segundo motivo é que me apetecía ter una artigo no meu blog en galego. E o terceiro é que para min é un pracer escribir, que se convirtiu nunha especie de vicio do que non podo separarme.

As miñas teorías

Hai dous tipos de profesores na vida dun estudante. Non hai máis. O tipo I: o profesor que se esforza para que os seus alumnos aprendan. O profesor que entende a súa profesión como o que é e fai as súas funcións con o único obxectivo de que o alumno saia cargado de coñecementos. O profesor que vive a súas clases como si non houbese un mañá, o profesor que se desvive por manter a boca do alumno aberta, e maila, o profesor que o consigue. Ocúrreseme un nome de súpeto: Isabel Gómez Rivas, a miña profesora de Historia do Xornalismo, que máis de unha vez e máis de dúas fíxome sentir o non querer que a clase rematara. Unha sinxela persoa galega en Madrid, que fíxome ter ganas de aprender. Iso é ser boa no seu traballo. O tipo II: é unha pena dicilo, pero a gran maioría dos profesores que atopei na USC, universidade que pensei sería estupenda despois de ter a miña primeira toma de contacto coa galega da que falaba anteriormente. Equivoqueime. De lonxe. O tipo II fan coller manía as súas materias, fan perder o interese completamente, fan un traballo que non lles pertence. É certo que madrugar non lle gusta a ninguén, pero inda menos si é para verlle a geta a un tipo que primeiro de todo, non fai nada para que ti enténdaslle (mencionando que estamos na facultade de comunicación, non é paradóxico?), e que por enriba diso mírache con cara rara cando non estas falando na súa linguaxe. Descúlpeme Don, Sr, Mr o coma vostede queira que lle chame, pero para que se produza o entendemento do teu mensaxe necesito entender as estupideces que están a saír da túa boca. E descúlpeme tamén Mr. Profesor por non entender una lingua que non teño porque saber e que me estou esforzando ao máximo por aprender. Descúlpeme si lle falo castelán porque creo que a miñas ideas poden ser mellor expresadas. E sobre todo descúlpeme porque a súa incompetencia fai que quitáranseme as ganas de seguir escribindo este artigo…

Deja un comentario